Presentación

      O Botánico de Elviña é un proxecto didáctico e de lecer que leva a cabo toda a comunidade educativa do IES Elviña de A Coruña.
      O noso obxectivo e transformar parte do patio de recreo do instituto nunha aula da natureza que permita a realización de actividades multidisciplinares, desde a evidente de recoñecer as árbores, a aprender o seu nome en varios idiomas, inquirir os seus usos e propiedades ou buscar o reflexo que nos escritores deixan as paisaxes arboladas, entre moitas outras.
     Esta fase comezou no ano 2009, e organizouse de xeito que cada clase pode solicitar apadriñar unha árbore que proporciona o instituto ou doadores privados, profesores ou familias habitualmente. A árbore é etiquetada co seu nome, a data e os nomes dos rapaces máis o profesor que a plantou
     Séguese un planeamento para delimitar catro zonas principais:
   *Frutais: esperamos que o alumnado observe á formación dos froitos e podan incluso probalos
   *Exóticos: colocamos aquí variedades de xardinería especialmente fermosas, tentando que haxa sempre algunha en flor ou en fase de especial beleza.
   *Ximnospermas: o alumnado soe xeneralizar este tipo de plantas como piñeiros. Aparte da súa propia fermosura, pretendemos que diferencien algunha das familias deste grupo botánico
   *Autóctonos: formaremos unha especie de fraga natural onde recoñecer as principais árbores silvestres que se poden atopar en Galicia.
   No ano 2011 montouse unha pérgola con parra que poda servir como aula específica exterior e rache co concepto tradicional das catro paredes.
   Tamén neste 2011, con xa un número moderado de especies representadas, desenvolvemos este blog asociado a una wiki, para realizar actividades online cos rapaces, poñer información a disposición da comunidade de internet e recoller comentarios e suxestións.
Moitas gracias a todos.